Saltar ao contido

Biblia do rei Xacobe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Biblia do rei Xacobe
Portada da primeira edición de 1611 da Versión Autorizada da Biblia,
Título orixinalKing James Bible
OrixeReino de Inglaterra
LinguaInglés
Xénero(s)texto relixioso
Data de pub.1611
editar datos en Wikidata ]

A Biblia do rei Xacobe (en inglés: King James Version, KJV, tamén coñecida como King James Bible, KJB) é unha tradución ó inglés da Biblia cristiá para a Igrexa de Inglaterra, que comezou en 1604 e foi rematada en 1611. Os libros da Biblia do rei Xacobe inclúen os 39 libros do Antigo Testamento, unha sección intertestamentaria que contén 14 libros apócrifos (a maioría dos cales correspóndense cos deuteronómicos adheridos polos católicos), e os 27 libros do Novo Testamento.

Foi impresa polo impresor do rei, Robert Barker, e foi a terceira tradución ó inglés aprobada polas autoridades da Igrexa de Inglaterra. A primeira foi a coñecida como Great Bible, encargada durante o reinado de Henrique VIII (1535), e a segunda é a Bishops' Bible de 1568.[1] En xaneiro de 1604, Xacobe VI e I convocou o Hampton Court Conference, para concibir unha nova versión inglesa da Biblia en resposta ós problemas das traducións anteriores percibidos polos puritanos,[2] unha facción da Igrexa de Inglaterra.[3] A tradución caracterízase pola "maxestosidade de estilo", e foi descrito como un dos libros máis importantes da cultura inglesa e unha forza impulsora da configuración do mundo de fala inglesa.[4]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.